Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CIG fleta buses para a manifestación de mañá na Coruña

A CIG fleta buses para a manifestación de mañá na Coruña

Ante a falta de movemento na Costa da Morte (unha pena que a loita social non sexa unha realidade na bisbarra), a posibilidade de manifestarnos redúcese a achegarse ás cidades do país. Mañá, xoves 4 de outubro de 2012,están convocadas manifestacións en todo o país, e dende a Costa da Morte propoñen un bus para achegarse á Coruña.

A manifestación da Coruña, que se realizará de xeito paralelo en outras oito cidades, está enmarcada na campaña de axitación que a central nacionalista está a desenvolver con asembleas en empresas, actos na rúa e mobilizacións para denunciar as “nefastas consecuencias que para Galiza tiveron os anos de Goberno do PP na Xunta”.
A convocatoria destas protestas faise coincidir coa data de inicio da campaña electoral, porque a CIG pretende que sexan un reflexo do "descontento e rexeitamento que existe entre a cidadanía ás políticas de axustes aplicadas polo Partido Popular".

Así, a Unión Local da CIG de Cee fletará autobuses para facilitar o traslado a todos os cidadáns e cidadás que queiran participar na manifestación que o xoves a CIG ten convocada na Coruña, ás 20:00 horas, con saída na Praza de Vigo.

Os autobuses sairán ás 18:00 da estación de autobuses de Cee. As persoas interesadas en utilizar este servizo pódense anotar no local sindical (r/ O Son, edif. Anmafra) ou chamando ao 981 745 266.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CIG Cee.

Comentarios