Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CIG pon un autobús dende Cee para asistir á manifestación en defensa das pensións

A CIG pon un autobús dende Cee para asistir á manifestación en defensa das pensións
Na-Costa-da-Morte-as-mulleres-xubiladas-cobran-unha-media-de-172-euros-menos-ca-os-homes No ano 2015, o importe medio das pensións en Galicia foi de 863,61 euros Este sábado, día 28, terá lugar ás 12 horas unha manifestación na Alameda de Santiago de Compostela convocada pola CIG - Confederación Intersindical Galega - en defensa do sistema público de pensións. Co fin de facilitar o traslados dos veciños e veciñas da comarca, o sindicato pon un autobús gratuito que partirá ás 10 horas da estación de Cee. Os interesados en asistir deberán previamente facer reserva da súa praza no número de teléfono 981 74 52 66. Cabe recordar que as da Costa da Morte, son unhas das pensións máis baixas da media galega. Nos últimos meses escoitanse todo tipo de informacións emitidas por supostos expertos que poñen en cuestión a viabilidade futura do sistema público de pensións, a capacidade para pagar aos e ás pensionistas actuais nos próximos anos, ou mesmo sobre a posibilidade de manter as pagas extraordinarias. Segundo indican dende a CIG, estas declaracións "teñen como obxectivo xustificar o desmantelamento do sistema público e universal das pensións para favorecer os plans privados dos que se enriquece as grandes empresas e bancos que as xestionan". Ante esta situación, a CIG fai un chamamento á mobilización en defensa do actual modelo para garantir as pensións presentes e as das futuras xeracións. Dereitos laborais e sociais A manifestación do sábado fai parte da campaña de mobilizacións deseñada pola central sindical co obxectivo de recuperar os dereitos laborais e sociais perdidos nos últimos anos. No marco desta campaña xa están programadas concentracións comarcais para o 15 de febreiro e mobilizacións o vindeiro 10 de marzo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios