Sábado. 26.09.2020
El tiempo

A CIG rexeita a decisión de Ferroatlántica de trasladar a produción de silicio solar de Sabón a Puertollano

A CIG rexeita a decisión de Ferroatlántica de trasladar a produción de silicio solar de Sabón a Puertollano
A CIG - Confederación Intersindical Galega - rexeita a decisión anunciada por Ferroatlántica de trasladar a produción de silicio solar dende Sabón a Puertollano, ao considerar que non existe ningún tipo de motivación económica, organizativa ou produtiva que impidan o desenvolvemento do proxecto FerroSolar - fabricación de silicio de calidade fotovoltaica - en Galiza. "A decisión demostra que, fronte ao que aseguraba o Grupo Villar Mir, a venta das centrais hidroeléctricas non era condición indispensábel para afrontar con garantías este proxecto, pois a súa posta en marcha na fábrica de Puertollano suporá un custes máis elevados, tanto de construción como de produción, tendo en conta os consumos enerxéticos e o transporte que carrexa"  sinalan dende o sindicato galego. A CIG recorda que este proxecto se iniciou en Sabón no ano 2000 como un proxecto de I+D "subvencionado na súa maior parte pola Administración galega e que se vale dunha materia prima fundamental para a súa elaboración (mineral de cuarzo) que se extrae da mina de Serrabal (outra das concesións administrativas que explota Ferroatlántica en Galiza)". Dita iniciativa consolidouse no ano 2008 coa creación da empresa Silicio FerroSolar. No ano 2014, aprobouse un novo investimento para o desenvolvemento da segunda etapa do proxecto, que implicou a construción dunha nova nave en Sabón e que suporía a creación de 90 postos de traballo. Finalmente, en setembro de 2016 - meses antes das eleccións autonómicas - Ferroatlántica anunciaba outro paquete de inversións para a construción dunha nova planta para a fabricación de silicio solar, que deixou en suspenso ao supeditala á venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Grande e Xallas. Ante esta situación, a CIG solicitará unha reunión co conselleiro de Industria para demandar que garanta a transformación no noso país do silicio extraído da mina de Serrabal. Así mesmo, facemos un chamamento a defender, mesmo coa mobilización, o noso dereito a ter un futuro industrial en Galiza.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

Fonte

comentarios