Martes. 23.04.2024
El tiempo

A comunidade sanitaria únese pola mellora das condicións laborais e salariais

A comunidade sanitaria únese pola mellora das condicións laborais e salariais

Unidos están todos os as organizacións sindicais (CCOO, CIG, CSIF, SAE, SATSE, e UGT) para convocar unha gran Folga Xeral na Sanidade Galega os vindeiros días xoves 2 e venres 3 de novembro. E parte do calendario de actividades desta nova serie de mobilizacións nas áreas sanitarias, ste mércores, 25 de outubro, hai unha nova xornada de mobilizacións.
Na área sanitaria de Cee, a concentración central será ás 12h diante do Hospital Virxe da Xunqueira.

Os sindicatos esperan que todos/as os/as traballadores da sanidade pública galega secunden a folga, como “resposta ao constante deterioro das condicións de traballo e as constantes negativas do goberno galego á negociación para a recuperación dos dereitos suspendidos e eliminados durante os últimos anos”.

”Non podemos continuar impasibles ante a permanencia das medidas de conxelación salarial, recortes e privatizacións aplicadas polo goberno galego na Sanidade Pública”, denuncian. “Temos a convicción de que é un dereito a negociación das nosas condicións laborais e salariais, e tamén de que é unha obriga da Consellería de Sanidade garantirnolo”.

Así, esixen á Xunta unha mesa de negociación na que se debatan os seguintes puntos:

• O Establecemento de medidas que permitan rematar coa precariedade laboral: eliminación dos contratos en fraude de “acúmulo de tarefas”, contratos de substitución nominais, consolidación de vacantes e OPEs convocando todas as prazas. • Un calendario de recuperación dos acordos laborais e retributivos suspendidos desde o ano 2010 (acordos publicados no DOG de 10 de decembro de 2008). Recuperación do 100% do complemento de incapacidade. • A negociación da carreira profesional para todo o persoal do SERGAS. • A retirada do proxecto da reforma da Lei 8/ 2008 da Lei de Saúde de Galiza e o mantemento das actuais áreas sanitarias.

Fonte

Comentarios