Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén á rúa e berra Nunca Máis

A Costa da Morte tamén á rúa e berra Nunca Máis
Manifestacion Nunca Mais en Cee

Unhas 200 persoas saíron ás rúas de Cee este pasado venres para alzar un berro ante a inxusta sentenza xudicial sobre o Prestige. Ao longo de todo o país, a Plataforma Cidadá Nunca Máis convocada concentracións, e a Costa da Morte, a zona 0 dunha catástrofe medioambiental, probablemente a máis importante da historia de Galicia, que queda sen ningún responsable.

Precisamente ese "Nunca máis IMPUNIDADE" foi un dos lemas das concentracións, en clara alusión á falta de culpables, e recordando que non houbo políticos imputados no proceso dende un inicio, máis alá de López Sors.

200 persoas é unha cifra importante para unha bisbarra na que a media de mobilización tonda as 60-80 persoas. O que dá conta do sentemento de indignación que temos estes días na Costa da Morte. Xentes do eido cultural, do eido político, do eido da pesca, xentes ás que aqueles meses lle cambiou a vida, estiveron presentes berrando contra o negro.

Foi o poeta Suso Bahamonde o que leu o manifesto, mentres as xentes recordaban que a plataforma Nunca Máis anunciou que vai recurrir a sentenza., e que ademais, Iniciativa per Catalunya, aliado de Espazo Ecosocialista de Galicia, vén de levar a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea.

Seguemento especial do Prestige

Artigos relacionados co Prestige

Fonte

Comentarios