Venres. 19.04.2024
El tiempo

A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa

A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa
jesica-coriadas-stoupa "Origen" é o nome da colección que expón Jesica Coiradas na tenda Stoupa de Cee durante todo o mes de marzo A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón durante este mes de marzo a súa colección de roupa "Origen" composta por prendas de corte recto e sobrio elaboradas con algodón 100% orgánico e complementos cuxas tinturas son creadas pola propia deseñadora con produtos naturais, como cáscara de noz ou pel de cebola. Os visitantes poderán disfrutar dunha viaxe explicativa polos procesos de elaboración das tinturas e ver en directo os materiais empregados e as súas diferentes aplicacións. Jesica Coiradas (Cee, 1987) formouse en deseño de moda na EASD Mestre Mateo. Foi finalista ata en dúas ocasións no concurso de moda organizado polo centro comercial Gran Vía de Vigo, así como na Mostra do Encaixe de Camariñas. Alí presentou “Birds”, a súa colección máis exitosa até o do momento, inspirada na cinematografía de Hitchcock. A exposición poderá visitarse a partir de hoxe horario habitual da tenda ata finais do mes de marzo. Stoupa abre de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas e os domingos só en horario de mañá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios