Martes. 23.04.2024
El tiempo

A experiencia de APEM na Radio Nordés recibe un premio de integración e normalización

A experiencia de APEM na Radio Nordés recibe un premio de integración e normalización
Ubaldo Cerqueiro de QPC cos membros de APEM na Radio Nordes Ubaldo Cerqueiro de QPC, á esquerda, estivo cos membros de APEM na Radio Nordés. Vemos a Almudena de costas e a Marcos e a Fran Martín de fronte

Nós témolo comprobado de primeira man e a verdade é que a tertulia que realizan os membros de APEM na Radio Nordés, é un auténtico exemplo de integración e normalización da diferencia. Por iso, e porque levan xa 15 anos funcionando, a sección semanal que guía Josiño Mira coas persoas con problemas de saúde mental da entidade recibirá o IV Premio José Luís Muruzábal do Consorcio das Mariñas.

A colaboración de APEM na emisora ceesa incrementou nos últimos anos a súa presenza no espazo radiofónico, xa que con carácter mensual tamén entrevistan a personaxes destacados ou de actualidade da Costa da Morte, ademais de colaborar coa sección de deportes da emisora.

O xurado do certame, de carácter multidisciplinar, integrado por un conxunto de profesionais das distintas áreas que interveñen neste campo: psicoloxía, traballo social, educación social, técnica de inserción social, mediciña, enfermería e pedagoxía e presidido por Jose Antonio Santiso Miramontes, presidente do Consorcio As Mariñas, destacou o carácter comunitario do proxecto, ao trasladar á poboación en xeral a problemática da saúde mental dende unha visión integradora e normalizadora a través dun medio de comunicación.

Finalmente e dende o punto de vista da persoa enferma mental trátase dunha técnica de traballo en si, entendida como unha actividade rehabilitadora e de inserción.

O premio será entregado o vindeiro luns 23 de outubro nun acto no Centro de Rehabilitación Psicosocial que ten a Asociación APEM en Culleredo, ubicado na casa Rosa do Burgo. Nese acto no que se realizarán distintas actividades farase entrega ao responsable de Radio Nordés deste galardón.

Membros de APEM no Consorcio das Martinas Membros de APEM no Consorcio das Mariñas  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios