Martes. 23.04.2024
El tiempo

A festa dos maiores de Cee xera polémica

A festa dos maiores de Cee xera polémica

Xa nos chegou algunha da Festa dos Maiores de Cee con claro sabor a campaña. Pero non quedou a polémica no feito de que a campaña aínda non comezou, pois estes días as declaracións de uns e outros arredor da celebración están salpicando a vida política. I é que Ramón Vigo voltaba do seu silencio declarando que non eran tempos para esta clase de festas.

Dende o goberno local, os primeiros en respostar son os edís nacionalistas non adscritos, que consideran as declaracións de Vigo "propias do cinismo e a falta de vergonza de quén segue a ser o cargo municipal máis imputado do Estado español". Denuncia o teniente alcalde Dani Oca que "non é crible falar de austeridade con respecto á festa dos maiores, cando o goberno Independente deixou sen pagar os 14.000 euros que costou a celebración da festa do pasado ano". E non falamos doutras festas nas que o líder dos independientes saíu a hombreiros...

Oca aproveita a nota para apuntar que "a organización da festa dos maiores correspóndelle a un área de goberno do Partido Popular. A Asemblea Nacionalista de Cee organizaría o evento doutra maneira, contando cos empregados municipais e a hostelería local, como xa espuxemos en diferentes ocasións. Sen embargo, consideramos axeitado que se cobre o prezo da comida aos asistentes", apunta, trala decisión do goberno municipal de aforro cobrando 10€ por menú.

Asímesmo, afirman dende a ANC que consideran "inapropiada a presencia de dirixentes políticos de fóra do concello, polo que só acudiremos a vindeiras celebracións no caso de que só participe a xente do concello".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asemblea Nacionalista de Cee.

Comentarios