Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A fundación Fernando Blanco entrega os premios dos seus concursos escolares

A fundación Fernando Blanco entrega os premios dos seus concursos escolares
O acto de entrega tera lugar hoxe as 12 horas no museo Fernando Blanco de Cee O acto de entrega terá lugar hoxe as 12 horas no museo Fernando Blanco de Cee Ás 12 de horas de hoxe terá lugar no museo Fernando Blanco de Cee o o acto de entrega dos premios do III concurso de Debuxos e do IV concurso de Relatos Curtos organizado pola fundación Fernando Blanco, e que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra. Ambos concursos estaban dirixidos aos centros escolares dos concellos de Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas e dividianse en dúas categorías. O de debuxos constaba de categoría A (1º e 2º de primaria) e categoría B (3º e 4º primaria). O de Relatos curtos constaba de categoría A (5º e 6º de primaria) e categoría B (1º, 2º, 3º e 4º ESO). A temática sobre a que debían tratar os relatos presentados era a amizade. Os premios están valorados en 690€. O xurado do concurso está composto por Darío Areas Domínguez  - Coordinador do Museo Fernando Blanco -; Víctor Castiñeira Castro - técnico de Cultura do concello de Cee -; e José Ramón Rey Senra - técnico da biblioteca D. Francisco Mayán de Cee). Os 12 traballos premiados serán publicados en Quepasanacosta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios