Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco xa ten os seus debuxos e relatos gañadores

A Fundación Fernando Blanco xa ten os seus debuxos e relatos gañadores
Entrega dos Premios da Fundacion Fernando Blanco

Estaremos encantados de compartilos ao longo desta semana en QPC, pois estes relatos e debuxos valen un mundo!

O sábado 27 de xuño, ás 12 horas, tivo lugar no Museo Fernando Blanco de Cee, o acto de entrega dos premios do II Concurso de Debuxos e do III Concurso de Relatos Curtos, organizados pola entidade ceense, e que contan, un ano máis, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra de Cee.

Os premios foron entregados polos membros do Padroado da Fundación, así como por D. Carlos Oliete, Director da Zona Noroeste do Grupo FerroAtlántica, empresa patrocinadora do Museo, e D. Julio López, Xerente da Estación de Servizo Bazarra.

Entregáronse un total de 12 premios nas distintas categorías dos dous concursos, valorados en 690 €.

A relación de premiados, por categorías, quedou así, tralo fallo emitido polo xurado composto por Darío Areas, Coordinador do Museo, Víctor Castiñeira, Técnico de Cultura do Concello de Cee, e José Ramón Rey, Técnico da Biblioteca Francisco Mayán.

CATEGORÍA “A” II CONCURSO DE DEBUXOS (1º Ciclo de Primaria) - 3º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 30 € e máis diploma, para ANA BLANCO LEMA do CEIP PONTE DO PORTO (CAMARIÑAS). - 2º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para SARA CAAMAÑO TRILLO do CEIP A IGREXA DE BRENS (CEE). - 1º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para CARLOS TRINIDAD LEO do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). CATEGORÍA “B” II CONCURSO DE DEBUXOS (2º Ciclo de Primaria) - 3º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 30 € máis diploma, para LUCÍA LÓPEZ OVIES do CEIP EUGENIO LÓPEZ (CEE). - 2º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para ALEJANDRA SAMBADE SOUTO do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). - 1º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para IRIA DIOS VIDAL do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). CATEGORÍA “A” III CONCURSO DE RELATOS (3º Ciclo de Primaria) - 3º Premio da Categoría A, valorado en 50 € máis diploma, para MARTÍN QUINTÁNS ROJO do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). - 2º Premio da Categoría A, valorado en 75 € máis diploma, para NOA LEMA RIAL do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). - 1º Premio da Categoría A, valorado en 100 € máis diploma, para JULIO REGUEIRO MONTERO do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). CATEGORÍA “B” III CONCURSO DE RELATOS (1º, 2º, 3º e 4º ESO) - 3º Premio da Categoría B, valorado en 50 € máis diploma, para LUCÍA PAZ CHAO do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 2º Premio da Categoría B, valorado en 75 € máis diploma, para CLARA DE RAMÓN AYALA do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 1º Premio da Categoría B, valorado en 100 € máis diploma, para NURIA VILARIÑO LEMA do IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA DE BAIO (ZAS).

Novas relacionadas

  • Os mellores expedientes de Cee teñen premio.
  • Máis combustible para a Fundación Fernando Blanco.
  • O Mar será o protagonista dos novos Concursos de Relatos e Debuxos da Fundación Fernando Blanco.
  • Fernando Blanco a ritmo de rap.
  • Miguel San Claudio contoulle a Fernando Blanco a historia dos naufraxios costeiros.
  • A emoción foi a protagonista no 218 aniversario de Fernando Blanco.
  • Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios.
  • Xabier Díaz trouxo o mellor da música galega a Cee.
  • A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
  • Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
  • Máis novas

    Máis información

    Fonte

    Comentarios