Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte unifica forzas para defender o produto local

A Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte unifica forzas para defender o produto local
Javi Mos na Cea no Resturante La Marina da Gran Orde Gastronomica da Costa da Morte Javi Mos na Cea no Resturante La Marina da Gran Orde Gastronomica da Costa da Morte

Semella que sentou ben a renovación directiva da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte, que este pasado mércores celebraba unha pantagruélica cea-degustación no tamén renovado Restaurante La Marina de Cee. Numerosas personalidades da bisbarra non desaproveitaron a ocasión para facer networking, e para degustar o sabroso menú.

Unha cea presidida polo seu novo presidente, Manuel Antelo, escoltado por José Manuel Pato, o fundador da entidade, por Rosa Sánchez, e que contou cunha masterclass de Javi Mos. O polifacético profesional da comunicación, toda unha referencia na “rede gastronómica galega”, falou do internet das cousas como paso seguinte ás redes sociais.

Os responsables incidiron na necesidade de unirse para diferenciarse, e destacaron que a liña de actuación vai ir moi determinada a poñer en valor os produtos locais da zona.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-gran-orde-gastronomica-renova-a-sua-directiva/

Comentarios