Sábado. 19.09.2020
El tiempo

A micoloxía segue convertíndose en tradición coas Xornadas de Pan de Raposo

A micoloxía segue convertíndose en tradición coas Xornadas de Pan de Raposo
Visita guiada por Manuel Pose Carracedo da exposicion das Xornadas Micoloxicas Costa da Morte

Volveu ser invadida a Escola de Música de Cee polos cogumelos. Unha vez ao ano, e xa dende hai 13, polo outono, os cogumelos, os prezados alimentos salvaxes da Costa da Morte substitúen aos instrumentos musicais para dar conta da riqueza da nosa bisbarra.

E a Asociación Micolóxica Pan de Raposo segue convertindo en tradición a micoloxía, unha ciencia pouco explorada pola zona ata a chegada do novo milenio. As XIII Xornadas Micolóxicas Costa da Morte volvían acoller unha exposición, de novo, con arredor das 200 especies de cogumelos, "con especies realmente interesantes", como recoñece un dos seus organizadores e colaborador coa columna micolóxica en QPC, José Manuel Castro Marcote.

As Xornadas Micoloxicas foron e paso obrigado para peregrinos-1

As xornadas foron moi ben, con moita xente os dous días, con moita xente de fora da comarca e incluso con peregrinos, que se decataron de que este era un punto que non podían saltarse para achegarse a Fisterra. Serviron ademais para que a Asociación fixese novos socios e recibise a visita de vellos amigos.

Fermosos foron os traballos dos máis pequenos da vila da Xunqueira, que participaron cos seus debuxos, e seus traballos plásticos sobre como entenden a micoloxía e a natureza en xeral.

Traballos dos nenos para as Xornadas Micoloxicas Costa da Morte

Foron moi interesantes as visitas guiadas dos especialistas pola exposición, que impartiron o propio Marcote o sábado e Manuel Pose Carracedo, como vemos na foto, o domingo.

Tamén foron moi interesantes as charlas máis específicas. Tivo que suspenderse a primeira, a de José María Costa Lago polo falecemento dun familiar. Si puido falar César Pérez sobre a especie “Silvopastoreo na serra do Barbanza”. E o domingo tocoulle o turno a Chemi Traba Velay sobre “O xénero Russula”, e de Francisco Lema, Chisco, cos seus vídeos sobre a “Natureza da Costa da Morte”.

200 especies de cogumelos nas Xornadas Micoloxicas Costa da Morte 2013

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

comentarios