Martes. 23.04.2024
El tiempo

A mobilización consegue que os alcaldes de Soneira e Fisterra se impliquen na loita polo servizo de pediatría

A mobilización consegue que os alcaldes de Soneira e Fisterra se impliquen na loita polo servizo de pediatría
Concentracion en Muxia polo servizo de pediatria Concentración esta mañá en no Centro de Saúde de Muxía polo servizo de pediatria Numerosa concentración a que se vivíu esta mañá diante do Centro de Saúde de Muxía. Unhas 70 ou 80 persoas (pais, nais, avós, avoas…) demostraron a indignación polos continuos recortes no servizo público de pedatría que ven sufrindo a veciñanza da zona. Apoiados por varios membros da coordinadora da Plataforma Zas sen recortes en pediatría, fixeron a primeira acción despois de ter denunciado o asunto na prensa. Os afectados portaron carteis con claras mensaxes: “Pola súa saúde, queremos asistencia pediátrica”, “Coa saíde dos nosos nenos non se xoga, é un dereito que teñen” e “Muxía sen recortes, pediatra xa”. Unha concentración que contou co apoio do alcalde e dun concelleiro, pero da que destacan que en todo caso Ao remate, José Manuel Blanco Lema, pai afectado con dous fillos, explicou o realizado ata o de agora por ese grupo de persoas implicadas nesta denuncia social. Dou conta da aparición na prensa, dos contactos co alcalde muxián, e abríu o debate, en clave asemblearia, para que a veciñanza decidise cal é o seguinte paso. Así, van esperar á reunión de alcaldes desta tarde para volver xuntarse con Félix Porto.

Reunión comarcal

O feito de conseguir que os alcaldes das comarcas de Fisterra e Soneira se reúnan esta tarde é todo un éxito da mobilización social. Estaremos atentos a ver que acontece e que medidas toman os alcaldes.

"Un pediatra por comarca" ou "feito puntual"?

En todo caso, segundo explicaba Porto aos pais afectados, a cousa parece complicada. Segundo o rexedor muxián, Luís Verdes, o responsable da Área da Xestión Integrada da Coruña, xa lle manifestou que a intención dende arriba é acabar tendo “un pediatra por comarca”, é dicir, aínda retroceder máis no servizo público. Unha situación que se agrava cando moitos dos profesionais que atenden aos pequenos, como é o caso de Muxía, ten a especialidade de puericultor, non de pediatría. Porén, polo bando contrario, o PP de Muxía vén de comunicar que "garante o mantemento do servizo de pediatría na localidade" A portavoz popular, Sandra Vilela, púxose en contacto co gerente do área sanitaria, Luís Verdes, quen lle transmitiu "que non prazo de aproximadamente 10 días restablecerase o normal funcionamento do servizo de pediatría en Muxía". Verdes sinalou que é un "feito puntual, que non se deben recortes auspiciados dende a Xunta, senon ao feito de que ou día 25 deste mes celébranse oposicións e moitos profesionais pediron días libres para poder preparalas en condicións".

Valoración da Área Integrada

Os ecos das protestaron chegaron á Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, que asegura que "a finais de mes volverá á normalidade a consulta pediátrica en Muxía". Explican que os problemas débense a "un permiso solicitado polo facultativo titular deste centro, polo que nos vemos na obriga de centralizar a asistencia pediátrica deste concello na consulta de atención pediátrica do concello de Cee de xeito puntual e transitorio.  A partir do dia 25 do mes en curso, e unha vez celebrada a OPE convocada polo propio Servizo Galego de Saúde para a consolidación das prazas dos facultativos, disporemos novamente de profesionais para contratar e voltar á situación habitual".  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/de-muxia-a-cee-para-ver-o-pediatra/ “De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra” — Que pasa na costa ““Queremos pensar que se conseguimos recuperar o pediatra en Zas estamos axudando a outros lugares que teñan o mesmo problema”” — Que pasa na costa

Comentarios