Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A non-piscina de Cee, á escuras

A non-piscina de Cee, á escuras
A piscina municipal de Cee en pleno século XXI A piscina municipal de Cee, iluminada con velas en pleno século XXI

Segue pechada a piscina municipal de Cee, e xa van case 2 meses. E a situación cada vez se pon máis difícil. Detrás deste conflito, ademais dos 1000 usuarios dunha piscina municipal, si, de carácter público, os máis perxudicados son os traballadores. Xa levan máis dun ano en loita contra a concesionaria, a empresa Aquacenit, e tras esixir, unha e mil veces, a intervención do Concello, seguen tendo que ir aos seus postos de traballo ata a hora de peche. O caso é que os cortes de luz e de auga provoca situacións (pois ás 23:00h ou ás 7:00h) tan esperpénticas como esta imaxe, unha piscina pública a escuras, coas velas, como no século pasado.

Segundo aseguraba hoxe o alcalde, Ramón Vigo, na prensa, o expediente de rescisión do contrato con Aquacenit está chegando á fase final, e intentarán abrir de novo a piscina cun contrato provisional antes de resolver unha nova concesión.

Mentres os expedientes se toman o seu tempo, os veciños seguimos sen piscina, e os traballadores, sen traballo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios