Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A nova quita indigna aos afectados polas Preferentes que afían as súas protestas en Bergantiños

A nova quita indigna aos afectados polas Preferentes que afían as súas protestas en Bergantiños
OS afectados polas Preferentes diante da oficina de NGB en Carballo

Días de indignación en todo o país. E tamén na Costa da Morte. Se hoxe teremos unha doble Xornada cultural contra a LOMCE, e mañá toca manifestación a prol do aborto, tamén son os os afectados polas Preferentes os que afían o seu protagonismo ante as malas novas.

En Bergantiños e no sur da Costa da Morte os afectados polas Preferentes non dan crédito (nunca mello traído) coas novas que trouxo esta semana o FROB. Novas quitas que deixarán a moitos afectados sen o 67% dos seus aforros.

Esta semana, ademais das citas habituas dos xoves na feira de Carballo, e dos venres en Cee, os membros da Plataforma de Afectados polas Preferentes de Carballoe Bergantiños tamén amosaron o seu rexeitamento a golpe de martes. Protestaron diante do Concello, e como non, na oficina principal carballesa de NGB.

E fixeron toda a "pupa" que puideron, se ben entenden que os actuais traballadores non teñen a culpa. Entraron todos paseniño, sen chalecos, para facer operacións de ingresos e reintegros ata colapsar a oficina.

A efectiva protesta non quedou aí. De contado puxeron o mono de protesta, chaleco e megáfono, e se puxeron as consignas de cada semana. Reincidiron no feito de que non son "inversores", como entidades financieiras e administracións seguen intentando facer crer. Son aforradores estafados, nin máis, nin menos.

Afectados polas preferentes en Carballo

Máis días de protesta

Así, hoxe xoves, día de feira en Carballo, continúan coas súas mobilizacións semanais, que ademais se extende aos venres. De 10:00h a 13:30h percorerrán as 5 oficinas bancarias implicadas, as 4 de NGB e a Bancaja.
E o venres segue a ser o día de loita en Cee. Alí se prantan, ás 11:00h de cada venres e fan pechar a oficina de NGB ceense.

Os venres dia de protesta na oficna de NGB de Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios