Venres. 03.12.2021
El tiempo

A ONG Egueire envía material sanitario para o hospital de maternidade que constrúe en Nandibou

A ONG Egueire envía material sanitario para o hospital de maternidade que constrúe en Nandibou
ong-egueire O material almacenouse nas instalacións de Fuco Corbelle en Cee. Imaxe: Alberto Álvarez Caamaño O pasado martes, día 12, partía dende os almacéns de Fuco Corbelle, de Cee, un contedor cargado de útiles con destino a Costa de Marfil. Camillas, camillas para partos, colchóns, somieres, cabeceiros, mesitas de noite, sillas, mesas, lavabos,... eran os materiais recollidos pola ONG Eguiere que se utilizarán no hospital materno que a entidade construiu en Nandibou (Gran Lahou). O camión partiu rumbo a Vigo para, dende alí, enviar o contedor cargado de material ao seu destino. Tanto para a recollida como para a carga do contedor foi preciso da axuda dun grupo de voluntarios. Segundo se ten previsto a maternidade inagurarase o próximo 2 de decembro, cando xa poderá nacer o primeiro cativo, o primeiro regalo, que se chamará Egueire.    

Novas relacionadas

 

Fonte

 

comentarios