Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A oposición fai bloque ante Ferroatlántica

A oposición fai bloque ante Ferroatlántica
Ana Ponto Paco Casal e Luis Villares e Loli Toja Ana Pontón do BNG, Paco Casal e Luis Villares de En Marea e Loli Toja do PSdG falaron sobre o asunto de Ferroatlántica

Despois da negativa da Xunta á venda das centrais e a da ameaza de Ferroatlántica, era o turno dos grupos da oposición de facer fronte á prepotencia da multinacional de Villar Mir. En Marea, BNG e PSOE veñen de lanzar duros comunicados esixindo que a empresa manteña os seus investimentos en Galicia.

PSdG

A deputada autonómica socialista da Costa da Morte Loli Toja lembrou que “non estamos a falar dunha fábrica máis para a Costa da Morte, senón da fabrica con maiúsculas”, pola relevancia que ten para toda a comarca, polo que pon en valor a “absoluta implicación” da poboación e deixa claro que a defensa dos traballadores foi sempre prioritaria para o seu partido.

Toja destacou a “vital importancia” da “presión dos traballadores e dos alcaldes” para evitar a segregación. Toja apunta tamén que o consenso parlamentario cunha postura unánime de todos os grupos sobre este tema só puido acadarse grazas a unha iniciativa socialista.

 

En Marea

O voceiro de En Marea e o deputado desta formación, Francisco Casal, falaron en clave de proposta e quixeron presentar un plan industrial para que Ferroatlántica desenvolva na Costa da Morte. Deixaron claro que o Plan Industrial “en ningún caso depende da venta das centrais porque o plan industrial é unha das condicións que figuran na concesión das centrais do ano 92". Casal sinalou tamén que segundo as cifras das que dispón En Marea, "as centrais xeneran entre 15 e 20 millóns de ingresos ao ano como mínimo". O deputado sinalou que tal como evoluciona o mercado hidroeléctrico estes ingresos medrarán porque "o megavatio hidráulico é o que terá maior valor no futuro". Este nivel de ingresos ten que reverter na Costa da Morte posto que esta é unha "esixencia que figura na concesión que explica que os beneficios resultantes da explotación dos centrais ten que reverter na viabilidade das factorías da empresa e no desenvolvimento dun plan industrial para a Costa da Morte”.

Non faltou o recoñecemento á "moblización de toda a Costa da Morte impide que se vendas as centrais, pero ademais a solución xurídica a este caso só pode ser a que se acaba de dar".

 

O BNG

Pola súa parte, a portavoz nacional, Ana Pontón, reiterou a súa satisfacción polo resultado da mobilización social e política que impediu o espolio das centrais dos ríos Xallas e Grande, “un triunfo da mobilización que demostra que cando nos unimos arredor dunha causa xusta hai éxito”. Iso si, lamentou a reacción de “chantaxe e amezas” de Ferroatlántica “propia de que consideraba que Galiza era a súa finca particular”.

Vai máis alá o BNG e ide que “as plusvalías da explotación dos nosos recursos públicos queden en Galiza. Teñen que reverter na modernización das plantas de Ferroatlántica na Costa da Morte e en crear emprego, e non como ata agora porque durante décadas os beneficios obtidos pola explotación dos ríos Xallas e Grande se investiron fora do país e serviron para construír urbanizacións en Madrid”, concluíu.

 

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

 

Fonte

Comentarios