Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A pé na defensa das nosas centrais e os nosos postos de traballo

A pé na defensa das nosas centrais e os nosos postos de traballo
img_3194 Volve á rúa o Comité de Empresa de Ferroatlántica, cunha serie de mobilizacións, sen descartar a folga, que teñen o foco posto na empresa, en esixir que o Grupo Villar Mir desista do seu interese de vender as centrais hidroeléctricas. Así, xa está convocada a Marcha a pé para este xoves 8 de decembro, que sairá da fábrica de Brens ás 10:00 e irá ata a Fervenza do Ézaro, onde haberá unha concentración ás 13:00h.

Comentarios