Luns. 01.06.2020
El tiempo

A revista Fervenzas Literarias inclúe varios libros da Costa da Morte entre os mellores do 2017

A revista Fervenzas Literarias inclúe varios libros da Costa da Morte entre os mellores do 2017
Onte coñecíase o veredicto dos lectores e lectoras de Fervenzas Literarias; unha revista de literatura galega, que veñen de facer as súas votacións para "O Mellor do 2017". En total foron 522 enquisas que elixiron as mellores obras literarias do ano pasado e entre as que hai unha alta presenza de escritores da Costa da Morte. Un dos maiores premios recaeu en Ismael Ramos, de Mazaricos, que acadou o 1º posto no "Mellor libro de Poesía" co seu traballo "Lumes". Ésta non é a primeira vez que Ismael Ramos obtén un galardón desta envergadura, xa que o seu libro "Os fillos da fame" foi elixido como 1º Premio ao Mellor Libro de Poesía de 2016 desta mesma revista.   Muriel, de María Canosa Os votantes elixiron Muriel escrito pola ceense María Canosa, como o 2º "Mellor libro de literatura infantil". Esta mesma obra acadou no pasado mes de xuño o premio Merlín de Xerais de Literatura Infantil 2017. O libro conta a historia de Muriel, un rapaz ao que lle custaba prender no sono xa que botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos.   Xandra, a landra que quería voar; de Mercedes Queixas A mestra en mestra en Coristanco Mercedes Queixas Zas obtivo o 7º posto na categoría de "Mellor libro de literatura infantil" co seu libro Xandra, a landra que quería voar.    Charamuscas, de Suso Lista Entre os mellores libros do 2017 está tamén Charamuscas, do cormelán Suso Lista, que quedou no 6º posto dentro da categoría "Mellor libro de narrativa".  

Novas relacionadas

Outras novas poéticas

 

Máis novas relacionadas

Fonte

comentarios