Venres. 19.04.2024
El tiempo

A SEPE interésase polas obras da nova sede do INEM de Cee e polo empresarial pontecesán

A SEPE interésase polas obras da nova sede do INEM de Cee e polo empresarial pontecesán
Visita do Director provincial do SEPES a Cee

Achegáronse pola Costa da Morte esta fin de semana varios responsables da SEPES, Entidade Estatal de Solo.

A nova Sede do Servizo de Emprego de Cee

A pasda mañá de mércores, Carlos del Canto de la Fuente, novo director provincial do SEPE, achegouse, acompañado do alcalde Ramón Vigo, ata Cee para visitar as obras que se están a realizar na que será a próxima sede do Servizo de Emprego en Cee. A antiga Casa do Concello, e que despois acolleu durante moitos anos a Escola de Música, ten bastante avanzadas estas obras que están financiadas polo SEPE (Ministerio de Traballo) e supervisadas polo Servizo Galego de Emprego, que consisten en acondicionar o edificio coa instalación dun ascensor e a implantación da imaxe corporativa do servizo, entre outras cousas.

A posta en marcha das mesmas está prevista para o vindeiro mes de xaneiro.

Solo empresarial en Ponteceso

O director xeral de Sepes, Entidade Estatal de Solo, Alejandro Soler, presidiu o Consello de Administración de Solo Empresarial do Atlántico, onde se aprobou o programa de promoción comercial para 2019.

Posteriormente, Soler visitou o Concello de Ponteceso, onde acompañado do alcalde, Xosé Lois García, reuniuse con empresarios nas oficinas do polígono industrial de Tella.

Estradas en Ponteceso

Así mesmo, o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ponteceso, asinaron un convenio de colaboración, por importe de 156.250 euros, para o financiamento das obras de mellora e mantemento de vías municipais en Brantuas de Arriba, Cospindo, Nemeño, Niñóns, Tallo, Tella e Xornes.

Comentarios