Venres. 19.04.2024
El tiempo

A solucional temporal do repetidor de Lires convírterse en crónica

A solucional temporal do repetidor de Lires convírterse en crónica
O BNG leva á Valedora do Pobo o abandono do repetidor de Lires ante a falta de solucións á eterna sombra dixital Estado do repetidor de lires Estado do repetidor de Lires

Levan moitos meses sufrindo unha eterna sombra dixital en Lires. A pesar de que o PP local anunciase ter conseguido unha solución hai uns meses, acousa non mellora. Así, , e mesmo ten proposta varias solucións, optou xa por levar o caso ante a Valedora dao Pobo.

O BNG o “secular abandono da turística parroquia de Lires no campo das telecomunicacións (…) prexudicado pola mínimas posibilidades de conexión a Internet, e as poucas existentes son moi limitadas”. “No campo do servizo de televisión, estamos nas mesmas condicións”, explica na misiva ao tempo que fai un repaso histórico da situación.

”A veciñanza nos anos 90, decidíu cubrir o valeiro das institucións e construír un repetidor de televisión nun monte do veciño concello de Muxía, polo que, temporalmente amañaron o problema. A alimentación eléctrica do mesmo, procedía da xenerosidade dunha planta acuícola limítrofe. Coa chegada da TDT, a veciñanza entregou o repetidor ao concello, que se fixo cargo do mantemento e da adaptación á nova normativa, mais este nunca chegou a funcionar plenamente, xa ben fose pola imposibilidade de ver todas as canles, coma pola calidade de recepción das que sintonizaba”.

O pasado mes de xuño chegaban as curvas. Despois dun corte de sumisitros eléctricos, que levou consigo perdas económicas importantes á empresa, esta decidíu non continuar coa conexión eléctrica do reemisor enchufada na súa liña, polo que o vecindario ficou sen televisión varias semanas. “Ata que se mobilizaron”, explica Serxio Domínguez voceiro do BNG. “Foi entón cando o concello optou por dar corrente ao repetidor por medio dun grupo electróxeno a gasoil, cun gasto diario de 50 euros de aluguer e 40 de gasoil, o que a día de hoxe supón que se levan gastados uns 20.000 euros nunha solución que se presumía temporal, mais que parece que se está a tornar crónica”.

Así, o BNG recorre á Valedora para que “intercedan e obriguen as institucións responsabeis a dar unha saída satisfactoria para todos os veciños da parroquia e da área de influencia que estamos nesta situación de incomunicación, tanto en internet coma na sinal televisiva”.

Ademais de criticar que o alcalde Ramón Vigo non tomase en consideración as súas propostas, critica que o custe estimado e desbotado polo alcalde de 58.000 para dar unha solución definitiva ao problema, pronto se vai alcanzar con esta “solución temporal”.

Novas relacionadas

Comentarios