Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A tenda online de Lar, o Amazon da Costa

A tenda online de Lar, o Amazon da Costa
Tienda online de Lar A tenda online de Lar ten 3.000 produtos en catálogo

Pecamos moitas veces de buscar ao outro lado dos mares o que podemos atopar a 5 minutos da casa. A invasión do señor Amazon, que acaba cos comercios locais de toda índole (librerías, tendas de produtos electrónicos… e pronto os supermercados), e a eterna sombra do Ali Express, o xigante chinés que ameaza con comer o mundo enteiro, fano todo tan sinxelo (e tan barato, que sinxelo ir ao prezo cando vendes por millóns de unidades, claro), que é difícil resistirse e comprometerse co mercado local.

E parece evidente que os comercios locais se teñen que adaptar, teñen que mellorar, teñen que modernizarse, para ofrecer un servizo de calidade á altura das grandes corporacións se queren manterse no mercado. Temos bos exemplos na bisbarra como Suministros Lar. Ademais do seu compromiso co desenvolvemento turístico da comarca, ratificado coas actividades que realiza a raíz do Concurso de Murais, a entidade ten aberta xa unha tenda online con máis de 3.000 produtos (de momento) no seu catalogo.

Xa o di o lema desta empresa que ten máis de 65 anos, #quenonhainolar, i é que a golpe de click podes mercar produtos para o baño, cociña, ferramentas de todo tipo, de iluminación, de xardinería, de pintura, de protección laboral… todos con 2 anos de garantía.

A tenda online de Suministros Lar ofrece unha “solución global a nivel local”, como valoran moitos empresarios da zona. Agora que o Camiño está sendo cada vez un motor económico máis e máis importante na comarca, son ducias os negocios que nacen novos ou que se renovan, e moitos, saben que o teñen todo preto da casa.

Teñen un sistema de suscrición de boletíns para seguir as ofertas, por exemplo, do Outlet, a cada momento, como esta semana que teñen todos os produtos para compras na web cun 15% de desconto.

Novas relacionadas

https://tendaqpc.gal/gl/

Comentarios