Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A UCV presenta un novo número da súa revista cultural Thaumazein

A UCV presenta un novo número da súa revista cultural Thaumazein

Volven os cromáticos á primeira liña de combate. Combate cultura l o que se traen este heteroxéneo grupo de estudiantes da zona que, dende Corcubión, queren espallar pola zona algo máis que verbenas e festas gastronómicas.

Como a meirande parte dos integrantes da Universidade Cromática das Virtudes son estudiantes e viven espallados polas cidades do país, aproveitan as fins de semana (volvendo cada semana á #costadamorteparaíso) para argarllar e argalla. E unha das cousas que levan maquinando tempo é o terceiro número da revista "Thaumazein", que presentarán en sociedade esta Semana Santa.

A cita será este xoves 5 de abril ás 20:00 no Bar Marigel, Cee. O acto terá un marcado acento festivo, xa que tras unha pequena conferencia/presentación, tanto da revista como do traballo que levan realizado ata o momento, deixarán paso ós pinchos e á música, ésta última a cargo dos amigos "The Little Seasides Trío". Aquí vos deixamos con eles:

Novas relacionadas

Máis novas

Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios