Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Xubilación Anticipada dos Policías Locais deixa varios concellos pendentes da renovación de persoal

A Xubilación Anticipada dos Policías Locais deixa varios concellos pendentes da renovación de persoal
Uniformidade Policía Local - Concello de Cee

Panorama complicado o que afronta a Policía Local dos Concellos da volta. O Borrador de Proxcto de Real Decreto que regulará a Xubilación Anticipada para os funcionarios deste corpo policial atópase en fase de exposición pública. Un Real Decreto de gran importancia para a zona porque permitirá aos Locais xubilarse a partir dos 60 anos (máximo 59) sempre que teñan 36 anos cotizados (adiantando a xubilación de 5-6 anos).

O colectivo de Policía Local leva loitando polo adianto da idade de xubilación xa dende que o sacaron os Bombeiros, creando mesmo unha plataforma. Un adianto que en todo caso non lle custaría nada á Seguridade Social, xa que os Policías Locais e os Concellos serán os que asuman os custes dos coeficientes redutores do 0,20.

Os colectivos e os Concellos piden ademais que a Xunta asuma a xestión deste servizo, unha vez que ademais de ser un custe demasiado elevado para as arcas municipais, existen diferencias de ata 500€ entre os soldos duns concellos a outros.

A situación pode chegar a poñer e perigo a seguridade da zona, unha vez que á pouca cantidade de Gardas Civís co que contan as nosas delegacións, hai que sumarlle agora este proceso de xubilización anticipada. O caso é que ao ser o persoal bastante veterano, os Concellos, cada vez con menos cartos para estes gastos, non poderán afrontar a súa renovación, tendo ademais que adecuar o número de axentes á nova lei de seguridade cidadá, que provocaría que por exemplo, un Concello como Corcubión tería que sacar 3 prazas (ou un mínimo de 2) no canto da única actual, se ben podería quedar sen o servizo.

Outros Concellos como Fisterra ou Carballo tamén se verían afectados por estas xubilacións anticipadas, se ben os problemas máis grandes serían nas grandes cidades.

Charlas da UGT

Charla de UGT cos Policias Locais Charla de UGT en Cee cos Policias Locais

Para manter informados a todos os profesionais a Federación de Empleados de Servizos Públicos (ESP) e a Unión General de Traballadores (UXT) vén de realizar varias charlas informativas abertas a todos os Policías Locais da comarca. O pasado luns estivo Luís Baneira facendo unha exposición na sé de UXT de Cee. Varios afectados pola situación acodiron para escoitar os apuntamentos de Luís Baneira e Viqueira, responsables da UXT que explicaron como será o procedemento.

Prevese que a Lei entrará en vigor en febreiro de 2018. En setembro a UXG continuará con estas charlas informativas.

Fonte

Comentarios