Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo das Ensinazas para Persoas Adultas

IES Fernando Blanco
Aberto o prazo das Ensinazas para Persoas Adultas

O IES Fernando Blanco abre o prazo de inscrición nas Ensinanzas para Persoas Adultas (EPA). Concretamente as datas son do 1 ao 10 de setembro, nunha nova convocatoria para aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

A oferta pública de educación de persoas adultas fai posíbel que as persoas adultas poidan adquirir ou completar os seus estudos e coñecementos, tanto para o seu desenvolvemento persoal como profesional.

Estas ensinanzas teñen como obxectivo primordial actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo. Nas ensinanzas de EPA pódense diferenciar dúas etapas:

  • a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas. Tamén apropiado para estranxeiros que queiran aprender galego e castelán.
  • b) EDUCACIÓN SECUNDARIA: Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise..

Comentarios