Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aberto o prazo de matriculación nas Ensinanzas de Persoas Adultas

Ensinanza de pesoas Adultas EPA
Aberto o prazo de matriculación nas Ensinanzas de Persoas Adultas

Xa está aberto, ata o 12 de xuño, o prazo de admisión das Ensinanzas para Persoas Adultas (EPA) para o vindeiro curso 2020-2021 no IES Fernando Blanco. Unha convocatoria dirixida a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Unha gran oportunidade de formación para quen non ten a titulación básica, para quen non rematou a EXB, par quen ten o Graduado escolar mais non o Graduado en ESO…

A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posíbel que as persoas adultas poidan adquirir ou completar os seus estudos e coñecementos, tanto para o seu desenvolvemento persoal como profesional.

Nas ensinanzas de EPA pódense diferenciar dúas etapas:

  • a) ENSINANZAS BáSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas. Tamén apropiado para estranxeiros que queiran aprender galego e castelán.
  • b) EDUCACIóN SECUNDARIA Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen.

Novas relacionadas

Comentarios