Venres. 18.10.2019
El tiempo

Accións polo dereito ao aborto na Costa da Morte

Accións polo dereito ao aborto na Costa da Morte
O pasado sábado, a Costa da Morte volveu a acoller varias accións de protesta contra a "lei de Gallardón" que pretende limitar o dereito das mulleres a abortar en España. Esta non é a primeira acción deste tipo que se leva a cabo na bisbarra, o que amosa a preocupación dos veciños e veciñas pola posta en marcha dunha lei que fará retroceder á sociedade española varias décadas. O acto central da concentración da pasada fin de semana foi o envío de "paquetes abortivos" que tiñan como destinatarios ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Ministro de Xustiza do Goberno de España. Estes paquetes foron enviados na Costa da Morte desde as oficinas de Correos de Cee e de Muros. O contido destes paquetes son símbolos e mensaxes contra o poder que exerce a Igrexa apoiando a reforma desta Lei, así como diversos instrumentos empregados para provocar abortos na clandestinidade ou un billete de avión con orixe na Costa da Morte e con destino Londres (como símbolo de que só poderán abortar as mulleres que o poidan pagar). O acto tiña como obxetivo o total rexeitamento á reforma da lei de aborto e a reivindicación do dereito das mulleres a decidir libremente, sen presións de tipo político ou relixioso. http://www.youtube.com/watch?v=SGALWLniQMU

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Galiza Nova Costa da Morte.

Comentarios