Venres. 19.04.2024
El tiempo

Adxudicadas cinco vivendas en réxime de alugueiro social a familias en situación de vulnerabilidade de Cee

Adxudicadas cinco vivendas en réxime de alugueiro social a familias en situación de vulnerabilidade de Cee
Cinco familias de Cee que se atopan en situación de vulnerabilidade poderán vivir proximamente noutras tantas vivendas emprezadas na localidade grazas á adxudicación que vén de facerlle a Xunta de Galicia, a través da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña. Estes inmobles, que adxudicará a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, foron cedidas por Abanca (tres vivendas) e Sareb (2 vivendas). Estas vivendas adxudícanse en réxime de alugueiro social a familias afectadas por desafiuzamentos por impago da hipoteca ou o alugueiro e a outras familias en situación de vulnerabilidade, como é o caso das cinco que a Comisión Provincial de Vivenda propón adxudicar en Cee. No que vai de ano, o goberno galego adxudicou directamente outras 34 vivendas cedidas por Sareb ou polo resto de entidades financeiras. Fonte   

Comentarios