Martes. 16.04.2024
El tiempo

“Afogada”, a nova novela de Rocío Leira, gañadora do Certame de Narración Curta Ánxel Fole

rocio-leira-regresion
Rocío Leira recollendo outro dos seus numerosos premios literarios
“Afogada”, a nova novela de Rocío Leira, gañadora do Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Enémiso premio o que vén de recibir a literata, e matemática de profesión, Rocío Leira. Desta volta trátase do XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, convocado polo Concello de Lugo en colaboración coa editorial Xerais. A nova novela da ceense, “Afogada”, foi a escollida polo xurado, que destacou dela "a calidade das voces narrativas presentadas, a orixinalidade e a dificultade da estrutura proposta".

O xurado quixo citar tamén "a excelencia como novela de intriga, dende a utilización da multiperspectiva, a diversidade da tipoloxía textual e a polifonía de voces narradoras, así como a riqueza temática que expresa".

O premio está dotado con 4.000 euros e conleva ademais a publicación da novela na editorial Xerais, “así que a miña alegría non pode ser maior”, relata.

Novas relacionadas

Comentarios