Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A alcaldesa de Cee chama a atención a veciñanza de concellos colindantes

A alcaldesa de Cee chama a atención a veciñanza de concellos colindantes
Complicada faise a vida diaria nun rural onde a dispersión de servizos obriga a percorrer quilómetros en plena corentena do estado de Alarma. Así o está notando a Policía Local de Cee (a día de hoxe o plantel é de 6 persoas pero unha está de baixa) e Garda Civil, que estes días veñen advertindo un aumento na afluencia de veciñanza de municipios colindantes para realizar tarefas do día a día no municipio ceense.

Por iso, desde o Concello, a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, quere destacar “o enorme esforzo que están a facer desde o corpo de Policía, xa que os controis ao casco urbán do noso municipio están a supoñer un esforzo de traballo engadido. Á súa vez, quero destacar o bo facer da nosa veciñanza, que segundo me trasladan as forzas da orde, están a respectar as normas do confinamento. Temos que loitar todas e todos xuntos para solventar esta situación canto antes”, destaca a rexedora.

Novas sobre o coronavirus

Comentarios