Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alumnado do Concello de Cee e os usuarios de Aspadex e APEM concentráronse contra a violencia de xénero

Concentración polo 25N no Auditorio Baldomero Cores, en Cee
Concentración polo 25N no Auditorio Baldomero Cores, en Cee
O alumnado do Concello de Cee e os usuarios de Aspadex e APEM concentráronse contra a violencia de xénero

O alumnado dos centros educativos do Concello de Cee, xunto cos usuarios de Aspadex e APEM, concentráronse esta mañá no Auditorio Baldomero Cores polo 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O acto comezou coa participación de varios rapaces do curso de 6º de primaria do colexio Eugenio López, quenes leron o seu manifesto.

Posteriormente, outra das voces desta velada foi a de Luís Cores, usuario de APEM, quen leu a todos os presentes un poema conmemorativo deste día feito por Otero, outro compañeiro usuario de APEM. Neste sentido, Aspadex tamén se uniu á loita e fixo unha reivindicación feminista poñendo a vista cara un mundo onde as mulleres con discapacidade fosen tratadas das mesma maneira que o resto.

Usuarios de APEM na concentración do 25NIntervención dos usuarios de APEM na concentración do 25N.

Dende o Agra de Raíces, Lois e Ariadna leron o seu manifesto e engadiron unhas verbas compostas por unha das súas compañeiras, Iria, destinadas principalmente á concienciación de todos os pais e nais dos rapaces, pero tamén para o resto da sociedade, onde invitan a camiñar "cara adiante" entre todas. Ademais disto, un grupo de rapaces do alumnado do Agra tamén subiu ao escenario para interpretar o seu particular "Rap pola igualdade".

O colexio Manuela Rial Mouzo tamén fixo a súa aportación cunha pequena representación onde se amosaba en escena a unha muller sendo vítima de violencia machista, acompañada da lectura dun texto orixinal que increpaba: “Señor machista, de que se ri?”. Segundo explica Nerea Cortés, alumna de 4º da ESO do Manuela e participante no acto, a representación foi ideada entre ela e dous alumnos ademais dun membro do profesorado do colexio, quenes puxeron todo o seu empeño e, sobre todo, “moito sentimento”.

representación dos alumnos do manuela na concentración do 25 nRepresentación do alumnado do Manuela Rial Mouzo.

Finalmente, interviu Emilia Trillo, Concelleira de Igualdade no Concello de Cee, quen condenou en nome da administración local “esta violación dos dereitos fundamentais das mulleres”. Ademais, entre outras cousas, indicou que “todos temos que pelexar, pero en vós [os rapaces] está a esperanza” de cambio.

Os alumnos do Agra de Raíces Os alumnos do Agra de Raíces "rapeando pola igualdade".

Ao remate do acto, celebrouse un minuto de silencio por todas as mulleres que foron asasinadas a causa da violencia de xénero.

Comentarios