Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alumnado do IES Agra Raíces recibiu o recoñecemento municipal polo seu premiado cartel do 8M

Alumnado do IES Agra Raices no Salon de Plenos Municipal co seu cartel premiado do 8M-Foto-Rafa Quintans
Alumnado do IES Agra Raices no Salon de Plenos Municipal co seu cartel premiado do 8M-Foto-Rafa Quintans
O alumnado do IES Agra Raíces recibiu o recoñecemento municipal polo seu premiado cartel do 8M

Hai unha semana recollían un Premio a nivel galego polo seu cartel do 8M. Onte, o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Agra Raíces era recibido no salón de plenos do Concello de Cee para darlles a noraboa. A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e a concelleira de Servizos Sociais, Ema Trillo quixeron así recoñecerlles o traballo realizado en prol da Igualdade e darlles agasallalos polo seu premio.

O cartel “Rompe as cadeas dos estereotipos de xénero” merecía o recoñemento da Secretaría de Igualdade e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. O subdirector do centro Sergio Novoa e a profesora de Debuxo Mirta Pequeño non queixeron faltar á cita.

Novas relacionadas

Comentarios