Domingo. 23.02.2020
El tiempo

O alumnado do IES Fernando Blanco viaxaron de Galicia ao Kurdistán coa fotoxornalista Alba Cambeiro

Alba Cambeiro dando unha charla no seu IES Fernando Blanco
Alba Cambeiro dando unha charla no seu IES Fernando Blanco
O alumnado do IES Fernando Blanco viaxaron de Galicia ao Kurdistán coa fotoxornalista Alba Cambeiro

Ao abeiro do ciclo de charlas Alén FB, no que exalumnos/as do IES Fernando Blanco intercambian co actual alumnado as súas experiencias académicas, profesionais e vitais, celebrouse onte no instituto ceense unha interesantísima charla da fotoxornalista do Ézaro, Alba Cambeiro.

Baixo o título "De Galiza ao Kurdistán", a xove fotoxornalista compartiu co alumnado de bacharelato as súas vivencias como xornalista no Kurdistán, nos campamentos de refuxiados en territorio iraquí. Despois dunha contextualización xeopolítica moi didáctica, Alba relatoulles aos alumnos e alumnas as duras condicións de vida dos refuxiados do campamento de Makhmur, onde ela estivo, e a súa capacidade de autoxestión e desenvolvemento dentro das carencias e penurias que teñen que soportar.

Alba Cambeiro referiuse tamén á súa formación como Comunicadora Audiovisual, e a súa posterior especialización como fotoxornalista, con senllos posgraos realizados en Barcelona. Insistiu moito a xornalista do Ézaro (seguramente a única xornalista da comarca naquelas latitudes) no empeño das nosas vocacións, animando ao alumnado a perseguir os seus soños con perseverancia e ilusión, a pesar das dificultades.

A charla tivo unha excelente acollida entre a comunidade educativa do IES Fernando Blanco, conmovidos pola senbiliidade e humildade de Alba Cambeiro. Exemplos de valores e emocións como os que transmitiu a exalumna Alba son ao fin e ao cabo, o obxectivo principal destas charlas.

Novas relacionadas

comentarios