Sábado. 06.06.2020
El tiempo

APEM mentaliza aos escolares

APEM mentaliza aos escolares
Sesion de APEM nun centro da zona

Nunha bisbarra como a nosa, con tantos casos de diversidade funcional é fundamental saber como tratar esa diferencia. E para chegar a esa naturalidade hai que educar, hai que achegarse a ela. Neso está a Asociación Pro Enfermos Mentais APEM de Cee e Vimianzo, achegando á diversidade ás escolas, e vén de rematar con éxito as charlas da Campaña Mentalízate que dende fai uns anos se veñen poñendo en marcha dende FEAFES.

Trátase dunha campaña de información e sensibilización sobre a enfermidade mental dirixida a xóvenes de entre 14 e 20 anos, que desta volta se levou a cabo en varios institutos da zona: IES Fin do Camiño en Fisterra, IES Terra de Soneira en Vimianzo, IES Pedra da Aguia en Ponte do Porto, e no colexio Manuela Rial Mouzo, IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco en Cee.

As psicólogas encargadas de impartir estas charlas: Junquera Vázquez Casal e Sonia Ramos Lema valoran a experiencia moi positivamente dada a boa acollida dos alumnos que, nalgúns casos incluso se acercaron a visitar as instalacións do centro de APEM posteriormente. Polo que se ten pensado repetir no próximo ano e extendelo, de ser posible, a máis institutos.

Novas relacionadas<

Fonte

  • Nota de prensa de APEM.

comentarios