Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Arde parte dun camión en Ogas

Arde parte dun camión en Ogas
Incendio dun camion en Cambeda Efectivos do parque de bombeiros de Cee e da Policía Local de Vimianzo interviron esta mañá para sofocar o lume que prendeu nun camión  cando circulaba pola estrada AC 551, á altura da localidade vimiancesa de Ogas. O lume localizouse entre a cabina e o motor do vehículo pesado provocando un intenso fume. No momento en que os efectivos de seguridade chegaron ao lugar, o conductor do camión - que resultou ileso - xa conseguira extinguir parte das lapas grazas aos dous extintores dos que dispoñía. Na súa actuación, os bombeiros extinguiron totalmente o lume. Ante a imposibilidade de abater a cabina do camión, debido a que arderan por completo os cables que ceiban os cerroxos, víronse obrigados a arrefriar a zona tanto pola parrilla dianteira do motor como polo acceso traseiro. Arredor das once da mañá, o lume quedou completamente controlado. Incendio dun camion en Cambeda Incendio dun camion en Cambeda Fonte

Comentarios