Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As ANPAS e o CEFORE organizan unhas Xornadas para mellorar as prácticas educativas ca diversidade

As ANPAS e o CEFORE organizan unhas Xornadas para mellorar as prácticas educativas ca diversidade
ANPAS e CEFORE unidos pola Diversidade ANPAS e CEFORE unidos pola Diversidade Xornadas Vivimos na Diversidade Cee 2017

Nun centro neurálxico da inclusión fronte a diversidade se está convertindo Cee. Tralas exitosas Xornadas de Inclusión Social nas que as entidades da zona explicaron as súas experiencias, desta volta é o Centro de Formación e Recursos (CEFORE) e a Federación de ANPAS Provincial-Costa da Morte a que prepara as II Xornadas de Atención á Diversidade.

Como xa vimos no programa, estas xornadas teñen o lema “Vivimos na diversidade”, e servirán para concienciar a familias e profesores da importancia de naturalizar a diferencia. O obxectivo é claro: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.

As xornadas desenvolveranse os 24, 25 e 26 de marzo na Casa da Cultura de Cee e necesitan inscrición.

Máis información

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios