Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Buseranas animan a participar na internacional folga de mulleres do 8 de marzo

As Buseranas animan a participar na internacional folga de mulleres do 8 de marzo
Imaxe da multitudinaria mobilizacion deste domingo pola folga de mulleres Imaxe da multitudinaria mobilizacion feminista deste domingo por Vigo

Non é unha folga partidista. É un paro internacional a que chega este xoves 8 de marzo, Día Internacional da Muller, mediante a cal as mulleres de todo o planeta queren dicir “Basta!”. Basta á “fenda salarial, a maior precariedade laboral, a desigualdade á hora de facerse cargo das crianzas e familiares dependentes e polas violencias machistas sufridas no ámbito da parella en espazos públicos”. Unha folga que abrangue non só o ámbito laboral e estudantil, senón tamén unha folga de consumo e de coidados.

Así a entende o único colectivo feminista da Costa da Morte, a Organización Buserana, que se suma á folga e anima aunha mobilización local conxunta e unánime das e dos representantes políticas/os locais, axentes sociais e cidadanía en xeral. Coma sempre, a cita principal será este mesmo xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas, na Pza. 8 de marzo de Cee, onde esperan que haia máis xente que nunca.

Lembran as Buseranas que este ano, as mulleres de máis de 50 países do mundo estaremos na rúa mobilizándonos polo nosos dereitos e por transformar a vida de todas. Para reivindicarmos un presente e un futuro diferente onde mellore a nosa vida especialmente das máis vulnerables.
Para acadar unha vida digna, igualitaria e sen violencia precisamos colocar as nosas reivindicacións no centro da axenda política. Necesitamos que a sociedade no seu conxunto se responsabilice

.

Presencia costeira en Bruselas

Así mesmo a organización costeira anuncia que unha compañeira Buserana, asistirá ao Foro Feminista no Parlamento Europeo do 6 ao 8 de marzo.

Imaxe do 25N coas Buseranas-Foto-Rafa Quintans Imaxe do pasado 25N coas Buseranas en Cee-Foto-Rafa Quintáns

Vimianzo

A primeira reacción municipal a teor da folga feminista convocada a nivel estatal, e internacional, chega dende o goberno municipal de Vimianzo, que respecta o dereito á folga por parte das mulleres que decidan exercelo neste 8 de marzo. Ademais "quere manifestar a súa solidariedade coas mulleres na loita en prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres. Desde o goberno municipal de Vimianzo compartimos os obxectivos e as reivindicacións que xustifican a convocatoria desta folga. Consideramos que é necesario rematar definitivamente coa fenda salarial existente, facendo efectiva unha reivindicación tan xusta, e lóxica, como que “a igual traballo, igual salario”".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios