Luns. 18.11.2019
El tiempo

As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG

As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG

Non nos estraña nadiña, i é que vimos seguindo a inmersión na rede do poeta ceense Miro Villar dende hai tempo. Cun twitter (#twitterengalego ademais) máis que activo e recomendable pola súa constante información literaria, o seu blog As Crebas é todo un referente no eido cultural galego.
Un blog xa recollido na nosa sección da Bitácora da Semana o pasado mes de novembro.

Con apenas 11 meses dende a creación do seu espazo na rede, Miro destácase como un auténtico divulgador cultural, completando así o seu indiscutible labor como autor literario.

Non son estes os anos do Batallón Literario do que Miro fora un claro expoñente aló polos anos 90. Unha verdadeira mágoa, pois coa forza das redes sociais e da internet, o Batallón tería visto aumentada a súa influencia alén das nosas fronteiras.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios