Venres. 03.07.2020
El tiempo

As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero

As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero

A canteira audiovisual da Costa da Morte está garantida. E tamén a percepción da nosa mocidade arredor da Violencia de Xénero, malia que os datos reflectidos co gallo do 25N indican que entre a xuventude do país, boa parte dos rapaces escolares pensan que "as mozas teñen que satisfacer as necesidades sexuais dos mozos". Unha conclusión dura, pero polo que vemos nos últimos traballos dende os centros de ensino da Costa, a visión é diferente.

Hoxe xuntamos os dous proxectos audiovisuais da Costa da Morte co gallo do Día contra a Violencia de Xénero. Unha dende Ponteceso co proxecto Rec.Apacita, e outra en Cee co I Concurso de Guións Cinematográficos: ”Cine nas aulas para a promoción da igualdade”.

"Pensa o que sintes"

"Pensa o que sintes" está realizada polas alumnas do Manuela Rial de Cee.

Sinopse: Leonor, unha moza de quince anos alegre e divertida, está namorada de Ismael, un mozo da súa idade. O principio da relación todo iba ben, pero pouco a pouco, o comportamento del varia dun xeito repentino, chegando a ser agresivo e celoso.
Coa axuda das súas amizades, Leonor, dase conta de que Ismael non a merece, e decide poñer fin a relación.



Spots contra a Violencia de Xénero co Proxecto Ponteceso Rec.Apacita

As creadoras e creadores deste material audiovisual dirixidos pola empresa SENES CIT, foron as seguintes alumnas de 4º de ESO do IES Ponteceso: Lorenzo Amado Dourado, Nerea Carabel Rodríguez,, Sheila Cousillas Amado, Miguel Estramil Costa, Sergio Fariña Corral, Irene Freijeiro Mato, Alejandro González Janeiro, Tamara Lamas Iglesias, Alicia Martínez Gómez, Adela Moreira Nogueira, Leticia Recarey Pérez, María Isaura Rivera García, Verónica Rodríguez Pérez, Estela Suárez Gómez, Noemí Suárez Martín, Melani Velo Castro, Yara Castro Ortega, Tamara Cores Pena, Paula Pombo Pérez, Tania García Vidal, Yessica Pena Caamaño.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios