Venres. 18.10.2019
El tiempo

As diferentes visións da festa do alcalde

As diferentes visións da festa do alcalde

A semana pasada espalláronse pola rede un par de fotos singulares. Unhas fotos, que segundo a nosa visión, falaban por si soas. Pero ao parecer non estaban tan claras, unha vez olladas as visións que ofreceron os diferentes medios xeneralistas.

Por unha banda, na Opinión falaban da Festa Rachada do alcalde de Cee, que remataba cun "Como felicitación y tal y como manda la tradición, un grupo de jóvenes lo llevó a hombros alrededor de la ermita, como si de una ofrenda se tratase".

Por outra banda, en La Voz, resaltan que Ramón Vigo fue paseado a hombros en una fiesta, i é que parece ser que pola "Pereiriña, lugar donde últimamente se ha impuesto la moda de acarrear de ese modo a los vecinos, con los pies por delante hasta la capilla para bautizarlos en vino".

Curiosas, cando menos, estas visións de como rematou a festa Monte de San Pedro Mártir...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios