Martes. 19.03.2024
El tiempo

#12MESES12LOITAS

As Enfermeiras Eventuais en Loita convocan unha nova movilización centrada "en ti"

O Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita convoca unha nova movilización centrada no doente.
O Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita convoca unha nova movilización centrada no doente.
As Enfermeiras Eventuais en Loita convocan unha nova movilización centrada "en ti"

O Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita da Costa da Morte leva concentrándose durante meses no Hospital Virxe da Xunqueira, encadrándose no movemento #12Meses12Loitas, co fin de amosarlle ás administracións que “nos atopamos totalmente desamparadas, discriminadas e despreciadas, non só polas nosas condicións laborais, senon pola repercusión que o sistema establecido, estaba a provocar na asistencia sanitaria, cunha precarización absoluta en todos os niveis”, indican dende o colectivo.

Tras esixir transparencia, protestar contra o “contrato de estabilidade”, polo dereito á conciliación familiar e este pasado novembro, pola precaridade laboral das enfermeiras tomando o caso de Alba como exemplo; esta última convocatoria do 2019 se adica a o ratio enfermeira-paciente.

WhatsApp Image 2019-12-10 at 15.05.31

Dende o colectivo explican que esta nova concentración adícase “a ti, ao doente, pois é o eixo dos nosos coidados e a peza fundamental do noso facer”. “A fin última das nosas mobilizacións é ter ese intre para estar  contigo, cando os pensamentos máis negativos non deixan espazo para nada máis. Loitamos por aumentar a confianza que tes nos nosos coidados, aportando tranquilidade nos momentos de incertidume e dor”, engaden.

Por isto, o vindeiro xoves 12, as Enfermeiras Eventuais en Loita concentraranse de novo ás 12 horas diante dos hospitais e centros de saúde e animan á xente a que as acompañe: “Ti sabes que nós imos estar aí, porque a prioridade é coidar de ti, porque ti es a nosa loita. Súmate a nos!”.

Comentarios