Venres. 18.10.2019
El tiempo

As mulleres da Costa da Morte volven expresar o seu dereito a decidir

As mulleres da Costa da Morte volven expresar o seu dereito a decidir
Concentracion a favor do aborto en Cee

Volveu ser a Praza 8 de marzo o centro da opinión pública na Costa da Morte o pasado venres 14 de xuño. Se o xoves tocaba sesión #nonáLomce, o venres, máis de medio cententar de persoas achegáronse para berrar contra a nova Lei do Aborto que propón o goberno central.

Unha concentración convocada en toda Galicia pola Plataforma Galega pola defensa do dereito ao aborto, e que aquí contou coa organización da activa Asociación Feminista Buserana. Baio o lema "Aborto libre e gratuito. As Mulleres decidimos", as mulleres costeiras tamén estiveron na manifestación dominical a nivel galego en Compostela.

Maria Lado na concentracion a favor do aborto en Cee

Unha manifestación que contou co apoio do BNG, PSdG e CxG.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios