Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As sesións vermús xa non só son a golpe de pasodoble

As sesións vermús xa non só son a golpe de pasodoble
Begoña González, Serj e Yano Yoro en Stoupa Begoña González, Serj e Yano Yoro en Stoupa

A ritmo de Serj e con pinturas de Yano Yoro. Así foi a singular sesión vermú da tenda Stoupa de Cee, xa convertida no corazón do mundo cultural da comarca de Fisterra.

Stoupa conseguiu reunir a máis de 60 amantes da pintura e da música neste pasado sábado santo, para gozar das boas vibracións e sobre todo e do moito talento dos dous artistas. A partires das 12 da mañá os primeiros curiosos comezaron a achegarse para contemplar en directo o traballo da artista Yano Yoro e ver en primicia o videoclip “A forza do Nordés” do músico vimiancés Serj, que forma parte do seu novo disco “ELA” e que sairá á venda no mes de maio.

A xerente de Stoupa, Begoña Fernández tamén falou sobre a importancia da arte e a artesanía coma un traballo duro, e que hai que valorar. Unha idea moi apoiada por Yano Yoro e Serj, que tamén defenderon o traballo que os artesáns e os artistas deben facer entre bambalinas, para que o público poida desfrutar do produto final. Así, os tres recalcaron a imperiosa necesidade dunha unión e colaboración dos artistas da Costa da Morte, para ser capaces de visibilizar e poñer en valor o inmenso talento que hai na comarca.

Publico na sesion vermu de Stoupa Numerosos público na sesión vermú de Stoupa

Novas relacionadas

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

Comentarios