Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aspadex e o IES Fernando Blanco tecen pontes de colaboración

Encontro entre Aspadex e o IES Fernando Blanco
Encontro entre Aspadex e o IES Fernando Blanco
Aspadex e o IES Fernando Blanco tecen pontes de colaboración

Moi boa a iniciativa do IES Fernando Blanco de establecer vínculos coas entidades sociais da comarca. Entidades tan importantes como Aspadex, cuia directora Concha Seoane López e o responsable de emprego Jesús Fernández Fernández, visitaban o centro de ensino e mantiñan unha reunión con docentes do propio IES, concretamente Bibiana Bértoa e Diego Carril (Departamento de Instalación e Mantemento), José Pardiñas (coordinador de FCT) e Chelo Trillo (Directora).

Ademais de coñecer as instalacións de parte dos talleres do centro, o IES ofreceu a posibilidade de que os usuarios de ASPADEX poidan formar parte de accións formativas, como os cursos de AFD que nos últimos anos están a organizarse no IES e que teñen intención de seguir ofertando nos próximos meses toda vez que sexan aprobados pola Consellería de Educación.

”Foi unha reunión moi reconfortante e presidida pola ilusión de ambas entidades en querer facer o posible para que o meirande número de persoas se poida beneficiar das oportunidades de formación desta zona da Costa da Morte”, recoñecen dende o centro.

Comentarios