Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aspadex supera con optimismo e preocupación a corentena

Familia de Aspadex coas mascarillas
Familia de Aspadex coas mascarillas
Aspadex supera con optimismo e preocupación a corentena

Se por APEM andan sorprendentemente adaptados ao confinamento, tamén en Aspadex andan superando, con optimismo, o confinamento. Son 22 as persoas con diversidade funcional que seguen pasando a corentena no centro de Toba, da man das profesionais de sempre, que son os que mellor os coñecen, e coa axuda sanitaria do Centro de Saúde de Cee, Corcubión, Dumbría,... e dos distintos concellos.

”Emocionalmente intentamos crear un ambiente positivo tanto entre profesionais como coas persoas con discapacidade, realizando actividades diarias de entretemento, algo de exercicio, e suplicando porque isto pase pronto e nos colla de lado”, recoñece Concha Seoane, a directora do centro.

Pero a situación non é doada. “Levámolo con moita responsabilidade e ao mesmo tempo preocupación, xa que dadas as situacións de contaxio que se están dando nalgúns recursos residenciais, tomamos unha serie de medidas preventivas e protocolos, orientadas a reducir o risco de contaxio, así como a tratar da forma máis adecuada ás persoas que sufran esta enfermidade”.

Familia de Aspadex no coronavirus 2

Agradecementos

A familia de Aspadex quere agradecer a creatividade e solidaridade de ducias de persoas da Costa da Morte, que ante a falla de material de protección contra o coronavirus, están a confeccionar mascarillas, pantallas,… entre outros materiais de protección, de xeito altruista. Agradecen aos alcaldes, cidadáns, Policías Locais, Gardas Civís, Voluntarios de Proteccion civil... así como ás familias.

Máis concretamente, dende a Residencia e Vivenda ASPADEX, queren amosar un especial agradecimento, á compañeira Carmen Martínez, de Leis (Muxía), que por iniciativa da Asociación, reutilizando “monos do Prestige” confeccionou mascarillas para todos/as.

Tamén agradecen a sensibilidade de Amparo Antelo Pazos, de Berdoias, a un grupo de persoas de Ëzaro e Cee, que baixo o lema “Se non hai, fanse”, e a Flori polas súas mascarillas de cores, por pór a súa solidaridade a disposición do persoal e usuarios/as da familia.

Familia de Aspadex no coronavirus

Novas relacionadas

Comentarios