Luns. 16.09.2019
El tiempo

Ata a Costa da Morte se manifesta contra a sentenza xudicial á “Manada”

Ata a Costa da Morte se manifesta contra a sentenza xudicial á “Manada”
Concentracion das Buseranas de Cee contra a sentenza da Manada-Foto-David Lourido Concentracion das Buseranas de Cee contra a sentenza da Manada-Foto-David Lourido Parece que poucas cambiaron neste país trala folga mundial do pasado 8 de marzo. Así poderíamos pensar ao escoitar esta mañá a sentenza xudicial contra os autochamados membros da “Manada”. Pero a realidade é que mudaron moitas cousas, e a reacción de absoluta indignación en todo o estado así o demostra. Ata a Costa da Morte concentrouse este serán, as 19:00h na Praza 8 de marzo de Cee, para berrar ben alto “Se é machista, non é xustiza”. Foi unha convocatoria rapidísima (ás 16:00h) por parte das bravas Buseranas, que tivo unha moi boa acollida por parte das xentes comprometidas da comarca fisterrrá. Leron parte do comunicado da Marcha Mundial das Mulleres e outro escrito por Chicha Martínez, membro das Buseranas, que co enfado non puido evitar escribir estas palabras: Concentracion das Buseranas de Cee contra a sentenza da Manada-Foto-David Lourido 2 Chicha Martínez, á esquerda co megáfono, leu o comunicado das Buseranas-Foto-David Lourido Se é machismo, non é xustiza” Mulleres. Somos mulleres e querémonos libres e seguras, nas casas, nos traballos, nas rúas. Nós, as nosas fillas, amigas, nais, irmás, compañeiras, veciñas ou descoñecidas. Mulleres. Hoxe sentimos vergoña e rabia por un sistema xudicial nunha sociedade patriarcal que nos maltrata. Indignación ante a impunidade. Intimidaron, agradediron, violanron, intimidaron, gravaron, violaron e gravaron, agrediro e violaron, e humillaron, e presumiron, e gravaron e violaron… NON É ABUSO, NON. É VIOLACIÓN. E merece todo o castigo e peso da lei. Pero nos insultan ignorando a gravidade do que fixeron, xulgado á vítima e condenando os violadores sen a contundencia que merecen. Anoxadas e indignadas. Noxo. Moito. Din que é a lei. Pois hai que cambiar a lei. Xa. Mañá. Grazas por amosar a vosa solidariedade con esta e todas as vítimas de violación. Non é non. Nen unha violanción sen castigo.
  • Chicha Martínez, Buseranas.
 

Novas relacionadas

Comentarios