Xoves. 02.04.2020
El tiempo

Banca ética? Unha charla para descubrir alternativas

Banca ética? Unha charla para descubrir alternativas
Charla sobre Banca Etica en Corcubion

En que bo momento chega a charla que organiza COSAL Costa da Morte en Corcubión. Hoxe, xoves 15 de novembro, ás 20:00h, na Terraza do Hórreo, Iñaki Varela, da entidade Verdegaia, dará unha charla sobre unha problema que nos afecta a todos: as posibles solucións á ditadura financieira:.

"Banca ética. Hai alternativas?" é o título da charla coa que Varela intentará explicarnos que se entende por "banca ética", e que alternativas á banca tradicional, que tanto abusos comete, existen na actualidade.

Dende Cosal Costa da Morte consideran que "é posible modificar a inxustiza do sistema actual, un capitalismo brutal que só busca beneficios sen ter en conta nunca a costa de quen nen como se obteñen; e que somos a cidadanía, todas e cada unha de nós, quen temos na nosa man cando menos unha parte importante dese cambio, dende o noso poder como [email protected] Onde e que mercamos, e onde gardamos os nosos cartos e que fan con eles, é unha decisión persoal que ten consecuencias sociais máis importantes do que xeralmente cremos".

Por isto, invitamos a Iñaki Varela, gran coñecedor do que é a banca ética e das opcións que realmente temos, anque pensemos que non, moitas veces porque é máis doado non facer cambios na nosa vida, anque os reclamemos [email protected] demais.

Máis novas do COSAL

Fonte

  • Nota de prensa de COSAL Costa da Morte.

comentarios