Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee pide que se convoque mensualmente a Comisión Covid

Serxio Dominguez candidato do BNg de Cee Eleccions Municipais 2019
Serxio Domínguez, voceiro do BNG de Cee
O BNG de Cee pide que se convoque mensualmente a Comisión Covid

O 26 de outubro foi a segunda, e última vez, que o goberno de Cee convocaba unha reunión da Comisión Especial Post Desescalada Covid-19. Unha comisión aprobada no pleno do 26 de xuño 2020, pero que apenas ten incidencia.

Ante esta situación, o BNG de Cee vén de solicitar por escrito que se convoque, de maneira mensual. “Unha vez máis que cremos que a comisión Covid-19 debe ser convocada, cando menos, unha vez ao mes para facer un balance da situación da pandemia. Consideramos imprescindible que o goberno teña ao tanto a oposición de todos e cada un dos pasos e iniciativas que se tomen en torno a esta situación, como tamén poder ter a oportunidade de aportar todas aquelas ideas e iniciativas que teñamos”, sinala Serxio Domínguez.

“Non pode ser que se forme unha comisión para non convocala, coa que está caendo. Isto só demostra o pouco talante de diálogo da alcaldesa, indo por libre ante unha situación límite, na que a oposición ten moito que decir”, declarou.

Comentarios