Mércores. 04.08.2021
El tiempo

O BNG leva o Parlamento o mantemento da Ponte de Vaosilveiro

Ponte Vao Silveiro
Así está a ponte de Vao Silveiro
O BNG leva o Parlamento o mantemento da Ponte de Vaosilveiro

Menuda a que se liou aló polo 2011 cando se construiu semellante infraestrurura. Pero máis grave aínda é esquecela. A díad e hoxe, atópase nun estado de abandono grave, con varias pedras caídas no curso do río, por mor das enchentas, con árbores os atrancando os ollos do paso da auga…

Leva meses así, segundo o BNG, que denuncia que “non se procedeu por parte da administración competente a colocar no seu sitio as pedras nen a retirar as árbores, co conseguinte perigo”.

Por iso, o grupo considera “urxente acometer ambos traballos no menor tempo posible, por dúas razóns, primeira polo feito de que coa chegada do verán os traballos son sumamente mais fáciles menor caudal de auga no río, e segunda para evitar que coa chegada do inverno e as conseguintes choivas, a situación poida empeorar, podendo producirse incluso problemas estructurais na ponte”.

Así, o BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para que a Xunta acometa de inmediato as lobouras de restauración e mantemento precisas para seguir a ter un paso axeitado no camiño Fisterra-Muxía, fonte económica no concello de Cee.

comentarios