Venres. 22.01.2021
El tiempo

Os Bombeiros teñen que acodir a rescatar unha parella de maiores dun ascensor

Os Bombeiros teñen que acodir a rescatar unha parella de maiores dun ascensor

Pouco antes das 17:00h da tarde deste martes 12 de xaneiro, os Bombeiros recibían unha chamada do 112. Unha parella de persoas maiores quedara atrapada nun ascensor dun edificio na Avda. Fisterra, en Cee. A empresa de mantemento de ascensores chamaran a emerxencias para rescatar de urxencia ás dúas persoas.

Os Bombeiros conseguir chegar e rescatar as dúas persoas de idade avanzada que se atopaban na cabina entre a terceira e segunda pranta, con signos de nerviosismo pero en bo estado de saúde.

comentarios